DEZ MIL ANOS
DE HISTORIA

Vivir nunha contorna privilexiada, cunha historia milenaria e uns recursos incomparables é moito máis que unha sorte de 10.000 anos.

É un privilexio, un legado de Galicia que debemos coidar.

Dende a antigüidade, os nosos antepasados tiveron unha especial relación coa natureza. E é que o manancial de onde nace a nosa auga milenaria Fontecelta é un lugar único no mundo.

Auga de chuvia que se filtra gota a gota nos montes de Lugo. Na serra dos Ancares, a +430m sobre o mar.

Fórmase un val cos ríos Neira e Sarria.

Nace o manancial dende un acuífero subterráneo protexido por unha cuberta de granito de +100m de profundidad.

Nace un auga milenaria en 1903

En Céltigos, Galicia, existía históricamente unha zona de baño á que acudían veciños e veciñas da comarca, coñecida polas beneficiosas propiedades das súas augas. Este lugar, que máis tarde se convertería en balneario, é hoxe o punto de onde extraemos a nosa auga mineral Fontecelta. Un lugar milenario, agasallo da natureza, que nos dá unha auga de pureza sen igual.

A nosa orixe en chans galegos encerra un gran

PODER CURATIVO
E TONIFICANTE

PODER CURATIVO
E TONIFICANTE

Esta auga naturalmente mineralizada, desempeña un rol importante na túa saúde ósea, funcións musculares, regulación da presión arterial e transmisión de impulsos nerviosos. O acuífero subterráneo do que extraemos a nosa auga está protexido de toda contaminación, conserva a súa pureza e achega propiedades saudables, convertendo a Fontecelta nunha auga de mineralización débil, que che permite lograr un equilibrio nutricional adecuado.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.