O MEDIOAMBIENTE
E FONTECELTA

O MEDIOAMBIENTE
E FONTECELTA

son o mesmo, porque nacemos do
que a natureza nos da.

Os envases de Fontecelta están fabricados con PET: plástico de alta calidade que non altera o sabor nin a calidade da auga. Estes envases son 100% reciclables e non xeran gases perxudiciais para a capa de ozono.

Cumprimos coa normativa legal establecida en España e na Unión Europea sobre a xestión de residuos, que inclúe unha maior reciclaxe de residuos xerados durante a produción e unha redución de verteduras.

Accións que reflicten a nosa filosofía de vida

Proxectos solidarios

Fontecelta axuda a quen máis o precisa

Así nos expresamos

Unha forma de ser que
compartimos en cada cousa que
facemos.

EVENTOS

Dende apasionantes competicións ata festivais enérxicos. Fontecelta lévate a lugares onde a acción cobra vida.

Con cada botella vólveste parte dun

proxecto solidario

En Fontecelta queremos axudar a que todo o mundo teña acceso a auga de calidade, por iso doamos parte do prezo de cada botella a Aldeas Infantís SOS e aos seus programas para acabar coa falta de auga potable en países sen recursos.

Este proxecto de colaboración social que inicia en Galicia, leva auga ás aldeas de Kaolack e Louga, ademais de axudar a reducir a situación de alarma de Senegal.

Ter acceso a auga potable supón moito máis que iso. Con cada botella axudas a loitar contra a pobreza infantil e a mellorar a protección de todos os nenos e nenas, eliminando a brecha social e garantindo a igualdade de oportunidades desde a educación.

Pero non só queremos axudar á infancia máis desamparada, tamén traballamos para deixarlles un mundo mellor. Por iso fixámonos como reto a protección da natureza, traballando na sustentabilidade ambiental reforzando a porcentaxe de materiais reciclados en cada un dos nosos envases.

Porque crear un mundo mellor fainos mellores a todos.

Fontecelta colabora con Down Galicia na conmemoración do seu 20 aniversario, na que celebrou a Festa pola Inclusión, un evento lúdico-festivo repleto de música, humor, maxia e reivindicacións, que incluíu a entrega dos V Premios Down Galicia e a proxección do curto documental “Xeración Down”,

na que se puso de manifesto os cambios sociais acontecidos arredor do síndrome de Down estas dúas décadas.

ASÍ NOS
EXPRESAMOS

para mostrarche a nosa
esencia e facerte parte de
cada experiencia.

A nosa botella é moito máis que iso, é un medio para facerte chegar a nosa forma de ser.

CAMPAÑAS

No 2023 deixamos de lado as campañas tradicionais para chegar a ti a través do humor en colaboración con PutosModernos®, empresa creativa catalá, ríndonos de nós mesmos e chanceando coa competencia. Esta campaña constou de nove frases diferentes: catro para exterior e cinco para as botellas distribuídas en supermercados e grandes superficies.

CAMPAÑA VIRAL

Accións que non deixaron a ninguén indiferente.

Unha campaña que se viralizó e distribuíu a través de diferentes canles dixitais e redes sociais.

Dando como resultado a resposta de diversas marcas dentro e fóra do sector.

LEVANDO MOITA
VIDA A CASA

LEVANDO MOITA
VIDA A CASA

En Fontecelta levamos moitos anos compartindo vida grazas á calidade da nosa auga. No 2013 decidimos dar un paso máis, creando unha campaña social que axudara cada ano aos nosos consumidores. Todo para seguir levando moita vida a cada casa.

Cronoloxía de campañas

2023

Campaña con PutosModernos®

2022

Dez mil. A auga do manancial de 10.000 anos.

2021

Dez mil. A auga do manancial de 10.000 anos.

2019

Moita vida dentro.

2018

Moita vida dentro.

2017

Vive! que a hipoteca é cousa nosa.

2016

Sacude a hipoteca de enriba.

2015

Vas a sorrir e sábelo.

2014

Durme tranquilo.

Eventos

Formamos parte dos
momentos que máis te definen.

Season Fest

Colaboración como patrocinador e provedor de auga durante o Season Fest, recoñecido festival de Baiona.

Triatlón Atlántico de Baiona

Colaboración como provedor de auga durante a celebración do Triatlón Atlántico celebrado en Baiona.

BTT Ruta do Viño Rías Baixas

Colaboración anual como provedor de auga da Ruta de Viño Rías Baixas na marchas que a BTT organiza.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.